Ponte Carreira, Gafoi, Frades
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Ponte Carreira | |
---|---|
Ponte Carreira. | |
Parroquia | Gafoi |
Concello | Frades |
Coordenadas | 43°01′12″N 8°14′56″O / 43.02, -8.2488888888889Coordenadas: 43°01′12″N 8°14′56″O / 43.02, -8.2488888888889 |
Poboación | 184 hab. (2023) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ponte Carreira é un lugar da parroquia de Gafoi no concello coruñés de Frades, na comarca de Ordes. Segundo o IGE[1], en 2022 tiña 174 habitantes (85 homes e 89 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 2009 cando tiña 201 habitantes. Sitúase xunto a Ponte Carreira (Ledoira, do outro lado do rego do Porto) e A Ponte Carreira (Pastor, O Pino, do outro lado do río Tambre).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]Atópase a 26 km de Santiago de Compostela, a 55 da Coruña e a 18 de Ordes. Sitúase nun lombo do val do río Tambre, a uns 290 m de altitude. Recibe o nome por unha ponte que cruza o río. Os seus habitantes están concentrados arredor da vella estrada N-634 en vivendas dos anos 1960 e 1970 principalmente, cando esta vila tivo o seu maior desenvolvemento debido ao paso da estrada e ao aumento de volume do tráfico rodado.
Demografía
[editar | editar a fonte]Gráfica de evolución demográfica de Ponte Carreira[2] entre 2000 e 2023 |
Poboación de dereito segundo o padrón municipal do INE |
Economía
[editar | editar a fonte]Na actualidade, a vila actúa como centro da actividade económica e social da poboación do sur do concello de Frades, norte do concello do Pino e leste do concello de Oroso, contando con diversos bares e restaurantes, supermercados, tendas, pequenas industrias, centro de saúde, centro educativo, polideportivo e taxi.
Historia
[editar | editar a fonte]Desde a metade do século XX, cando Ponte Carreira tivo un desenvolvemento espontáneo, houbo unha importante presión social por trasladar a capital municipal desde Cimadevila, a actual capital, -onde só hai un grupo de vivendas, a casa do concello, un bar e un tanatorio- ao lugar de Ponte Carreira (caso similar ao ocorrido no concello veciño de Oroso co núcleo de Sigüeiro).
O desenvolvemento da vila viuse truncado na década de 1990, cando a N-634 foi desviada do centro da vila, decaendo a prosperidade do lugar.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ponte Carreira.
-
Ponte Carreira.
-
Casa en Ponte Carreira.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Gafoi
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Gafoi no concello de Frades (A Coruña) | |
---|---|
O Alto | A Carballeira | Os Currás | A Igrexa | As Lapelas | Ponte Carreira | O Raselo | Sibío | O Vilar |
Parroquias de Frades
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021.
- ↑ Datos do INE.