José Sande Lois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Sande Lois
Biografía
NacementoMalpica de Bergantiños Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Sande Lois, nado en Malpica de Bergantiños, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela.[1] Foi mestre interino da Ponte do Porto até 1929.[2] Despois foi mestre de Nantón.[3] Militante de Izquierda Republicana. Na II República foi nomeado alcalde de Malpica de Bergantiños en xaneiro de 1936, renunciou ao cargo en abril dese ano ao ser destinado como mestre a San Mamede de Ribadulla (Vedra). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu na evasión da motora San Adrián. Foi procesado en Ferrol por rebelión militar e declarado fuxido en rebeldía. No proceso de depuración foi expulsado do Maxisterio. A súa causa foi sobresida definitivamente en novembro de 1944.


Predecesor:
José Pombo Varela
 
Alcalde de Malpica de Bergantiños
 
1936
Sucesor:
Constantino Longueira Morales

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Eco de Santiago, 3-4-1929, p. 3.
  2. La Voz de Galicia, 28-9-1929, p. 5.
  3. La Voz de Galicia, 8-1-1930, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]