Saltar ao contido

José Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Rodríguez
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xullo de 1904 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Rodríguez Iglesias, finado na Coruña o 1 de xullo de 1904[1], foi un sindicalista e político socialista galego[2].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Canteiro de profesión. Foi o líder da UGT da Coruña. En xullo de 1891, cando se constituíu a Agrupación Socialista da Coruña, foi elixido o seu presidente. Ese mesmo ano iniciou o seu labor como correspondente de El Socialista na Coruña. En 1892 constituíuse a Sociedad de Canteros El Trabajo, da que se converteu no primeiro presidente. Asistiu en Madrid ao Congreso fundacional da Federación Nacional de Canteiros e Marmoristas (1900). Presidiu o I Congreso Galaico-Portugués celebrado en Tui (1901). Ese mesmo ano celebrou un mitin de controversia co anarquista José Suárez Duque. Presentouse ás eleccións municipais na Coruña de 1901, retirándose da contenda electoral por causas alleas a súa vontade. Presidiu a Agrupación Socialista da Coruña até a súa morte en 1904.

  1. Noticia en El Noroeste, 3-7-1904, p. 2.
  2. Borobó (22-6-1988). "La creación del PSOE en La Coruña"". La Voz de Galicia. p. 3.