José Ramón Suárez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Ideoloxía política | Anarquismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro, sindicalista ![]() |
José Ramón Suárez foi un carpinteiro, sindicalista e anarquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carpinteiro de profesión e aveciñado na Coruña, foi directivo da Federación Local Obrera nos anos vinte. En 1919 foi deportado a Baltanás polo paro xeral en solidariedade coa folga de La Canadiense. Logo da caída da ditadura de Primo de Rivera tomou parte na campaña pro-amnistía artellada pola CNT galega e diversos grupos republicanos e en 1930, cando comezou a se reorganizar a Confederación Rexional Galaica, foi elixido secretario. Ao ano seguinte foi substituído no cargo por José Villaverde Velo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. p. 251. ISBN 84-87783-79-1.