José Quiroga Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Quiroga Méndez
Nacemento1707
 Cervantes
Falecemento1784
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Ocupaciónexplorador
editar datos en Wikidata ]

José Quiroga Méndez, nado en Vilasante (Cervantes) o 14 de maio de 1707 e finado en Boloña o 23 de outubro de 1784, foi un mariño e relixioso galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no pazo do Fabal. Cursou estudos na Escola Naval Española. En 1736 ingresou na Compañía de Xesús, estudou Artes en Santiago de Compostela e foi ordenado sacerdote. En 1745 marchou a Arxentina, onde destacou como cartógrafo e matemático. Fundou a cátedra desta materia na Universidade de Córdoba e foi profesor no colexio de San Ignacio de Bos Aires. Explorou, por orde de Filipe V, as costas meridionais de Río de la Plata ata o estreito de Magallanes. En 1767 foi expulsado da Arxentina e marchou desterrado a Italia. O mellor cartógrafo español do século XVIII A el débense os mellores traballos cartográficos dese século, manuais da navegación e o primeiro plano da cidade de Bos Aires, coñecido polo nome do seu divulgador Charlevoix. Realizou un Mapa de las misiones de la Compañía en los ríos Paraná y Uruguay (1749).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Relación del viaje a la costa de los Patagones.
  • Tratado del arte verdadero de navegar, 1784.
  • Breve noticia del viaje por el río Paraguay.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dosil Mancilla, Francisco Javier (2012), “José Quiroga Méndez”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. (lectura: 12/11/2014)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]