José Prado Espiñeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Prado Espiñeira

José Prado Espiñeira, coñecido como Lenin, nado no Carballiño cara a 1901, foi un carpinteiro e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de Evaristo Prado Espiñeira. Deportado de Cuba en 1928. Carpinteiro veciño do Torrón. Traballaba na estación de ferrocarril de Monforte de Lemos. Foi acusado de colocar un explosivo na vía férrea de Monforte, motivo polo que foi despedido. Procesado en rebeldía na causa 55/36, volveu ao Carballiño. Foi amnistiado co triunfo do Fronte Popular e converteuse no secretario da Casa do Pobo do Carballiño. Foi detido con outros seis veciños do Carballiño por posesión de armas en xuño de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en diferentes puntos (mesmo fixo un buraco na súa propia habitación disimulado con taboas móbiles) ata que temendo ser descuberto fuxiu polos montes cara a provincia de Pontevedra. Foi declarado en rebeldía. Presentouse ás autoridades franquistas en Vigo a mediados de 1939 e foi posto en liberdade ao non atoparse reclamado. Pero pouco despois o brigada da Garda Civil do Carballiño José García Rojo instou a súa detención. Detido o 20 de xullo de 1939, foi xulgado en Lugo por auxilio á rebelión na causa 1237/37 e condenado a 20 anos de prisión con proposta de conmutación a 12 anos e un día. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en novembro de 1941.[2]

Preso na Prisión Provincial de Lugo, saíu en liberdade condicional o 14 de febreiro de 1943.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]