Saltar ao contido

José Portal Fradejas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 6 de outubro de 2017 ás 22:22 por Raderich (conversa | contribucións)
José Portal Fradejas, retrato en Vida Gallega, 1922.

José Fernández-Portal Fradejas, finado en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1942[1], foi un avogado, político e xornalista galego.

Traxectoria

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi presidente da Junta Carlista de Santiago de Compostela. Terciario franciscano. Influído por Juan Vázquez de Mella, do que se considera discípulo e continuador. Foi deputado provincial. Na República foi presidente da Unión Regional de Derechas de Santiago de Compostela e da asociación Defensores de Santiago, constituída en 1933. Foi redactor de El Pensamiento Español, colaborou en El Debate, El Correo de Galicia, Vida Gallega e El Compostelano. Recibiu a cruz vermella do Mérito Militar.

José Portal Fradejas nun mitin da URD en 1932.

Vida persoal

Casou con Luisa Ladrón de Guevara.

Notas

  1. El Compostelano, 13-5-1942, p. 2.