José Portal Fradejas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Portal Fradejas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de maio de 1942 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoComunión Tradicionalista
Partido Católico Tradicionalista
Unión Regional de Derechas Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Fernández-Portal Fradejas, nado en Pontevedra e finado en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1942,[1] foi un avogado, político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi presidente da Junta Carlista de Santiago de Compostela. Terciario franciscano. Influído por Juan Vázquez de Mella, do que se considera discípulo e continuador. Foi deputado provincial en 1923.[2] Na República foi presidente da Unión Regional de Derechas de Santiago de Compostela e da asociación Defensores de Santiago, constituída en 1933. Foi redactor de El Pensamiento Español e Galicia Nueva, colaborou en El Debate, El Correo de Galicia, Vida Gallega, El Requeté, Alma Galaica e El Compostelano. Recibiu a cruz vermella do Mérito Militar.

Obras[editar | editar a fonte]

José Portal Fradejas nun mitin da URD en 1932.
  • Gratitud al Ejército. Discurso pronunciado por Don José Portal Fradejas en "Unión Radio Coruña" el 12 de agosto de 1936, 1936.
  • Emociones de España. Julio-agosto 1936, 1936.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Cruz Vermella do Mérito Militar.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Santiago de Compostela con Luisa Ladrón de Guevara Enríquez, filla de Manuel Ladrón de Guevara Saavedra, en 1922,[3] e foi pai de José Portal Ladrón de Guevara.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 13-5-1942, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 15-7-1923, p. 2.
  3. El Compostelano, 7-8-1922, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]