José Muíños González
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Provincia de Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista |
José Muíños González, nado na provincia de Pontevedra foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Avogado, aprobou as oposicións a rexistrador da propiedade en 1926.[1] Foi rexistrador de Leste (Albacete), Castro Urdiales, Quiroga e A Cañiza. Foi vicepresidente da Juventud Católica de Pontevedra.[2] Colaborou en Eco de Galicia, El Diario de Pontevedra, Galicia Nueva, El Progreso e Vida Agraria e dirixiu a revista Acción. Tamén colaborou en Spes.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Marina Vidueira Lores en 1929.[3]