José Moreira Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Moreira Casal
Biografía
Nacemento10 de decembro de 1899 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de marzo de 1944 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Antonio Moreira Casal, nado en Vilagarcía de Arousa o 10 de decembro de 1899 e finado no mesmo concello o 15 de marzo de 1944, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Moreira Escariz, perito agrícola e administrador do pazo da Golpilleira, e Ignacia Casal Soto. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, da que foi expulsado o último ano por unha brincadeira e rematou na Universidade de Sevilla, obtendo a licenciatura en xuño de 1923. Especializouse en Obstetricia na Universidade de Madrid, na que fixo o doutoramento. Dende 1924 exerceu como médico en Vilagarcía de Arousa. Era coñecido como "o médico dos pobres". Logo da proclamación da República foi membro da comisión xestora municipal e despois concelleiro polo Partido Galeguista ata agosto de 1934, cando foi contratado polo Concello como médico tocólogo. O 22 de decembro de 1935 foi obxecto dunha multitudinaria homenaxe en Vilagarcía.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detenido e desterrado a Bande. Despois foi desterrado a Alcambra (provincia de Teruel) onde traballou na clínica dun seu irmán. Prestou servizo aos feridos de guerra durante a batalla do Ebro. Enfermo, permitíronlle regresar a Vilagarcía en 1942, onde morreu en marzo de 1944. O seu enterro constituíu unha homenaxe popular, o féretro foi levado en ombreiros polo centro de Vilagarcía, pese á oposición do párroco.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Segunda Manciñeira.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • En 1978 unha subscrición popular sufragou un busto como homenaxe.
  • Unha rúa de Vilagarcía leva o seu nome.
  • Foi nomeado fillo predilecto de Vilagarcía en 2010.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]