José Martínez Covelo
José Martínez Covelo | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Lugar de nacemento | Teis |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Martínez Covelo, nado en Teis (Vigo), foi un agrarista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do agrarista de Teis José Martínez Dávila.[1] Foi elixido secretario da Juventud Socialista de Vigo constituída en 1913.[2] Coa folga xeral de 1917 foi detido e xulgado en consello de guerra, pero foi posto en liberdade en decembro ao acollerse á lei de condena condicional.[3] Foi vocal da directiva do Sindicato de Agricultores de Teis en 1923.[4] Secretario da Federación Agraria de Lavadores, foi administrador de El Campesino. Foi presidente do coro "Airiños d'o mar" de Teis. Na Segunda República foi concelleiro e tenente-alcalde de Lavadores. Foi elixido presidente de La Alianza Marinera de Teis en 1931.[5] Participou con Indalecio Tizón Reboreda en mitins agraristas en 1932. Ofrecéronlle unha homenaxe pública o 31 de decembro de 1933,[6] e o compositor José Álvarez Olmos dedicoulle o pasodobre "Desagravio" que estreou en abril de 1934.[7] Foi concelleiro e primeiro tenente alcalde de Teis dende a súa constitución o 7 de xaneiro de 1936, na corporación presidida por Manuel Martínez Ramos.[8]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en Cuba e Arxentina. En 1941 foi obxecto de expediente por responsabilidades políticas.[9] Visitou Vigo en 1953.[10]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
A súa parella Marina Estors Landín finou en 1929 con 30 anos.[11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Tea, 3-3-1928, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 2-9-1913, p. 2.
- ↑ El Noroeste, 21-12-1917, p. 1.
- ↑ Galicia, 16-1-1923, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-5-1931, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-1-1934, p. 9.
- ↑ El Pueblo Gallego, 29-4-1934, p. 7.
- ↑ El Pueblo Gallego, 9-1-1936, p. 3.
- ↑ "Xeración perdida" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de setembro de 2019. Consultado o 05 de setembro de 2019.
- ↑ El Pueblo Gallego, 15-8-1953, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-11-1929, p. 7.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Giráldez Rivero, Xesús (2007). O antigo concello de Lavadores. Unha aproximación histórica. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-281-7.