Saltar ao contido

Manuel Martínez Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Martínez Ramos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Mortenovembro de 1967 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor, político Editar o valor en Wikidata

Manuel Martínez Ramos, nado en Santa Colomba de Somoza (Provincia de León) e finado en Vigo en novembro de 1967, foi un industrial e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dono dunha fábrica de conservas en Teis. Envasaba as marcas "La Florita" e "Atisbo". Na Segunda República foi concelleiro de Lavadores. O 7 de xaneiro de 1936 foi elixido primeiro alcalde do recentemente constituído concello de Teis.[1] Baixo a súa presidencia, a corporación puxo en marcha a construción do mercado, a dotación de saneamento e a creación de grupos escolares. Dimitiu en febreiro e foi substituído por Julio Quirós Estévez.[2] Finou en Vigo en novembro de 1967.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Huerga Carro, e foi pai de Josefa, Carmen, Teresa e Rosario Martínez Huerga.

  1. El Pueblo Gallego, 9-1-1936, p. 3.
  2. "La independencia de Teis", La Voz de Galicia, 5-12-1997, p. 34.
  3. Faro de Vigo, 17-11-1968, p. 21.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]