José María Quiñones de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Quiñones de León

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1873 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte21 de novembro de 1957 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 50
Grave of Francisco Martin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José María Quiñones de León de Francisco-Martín, nado en París o 28 de setembro de 1873 e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 1957, foi un diplomático e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José María Quiñones de León Santalla. Naceu en París polo exilio do seu pai, que cruzou a fronteira en 1868 seguindo a Isabel II. Educouse no Colexio Inglés de París. Volveu a España e foi elixido deputado polo distrito de Sahagún nas eleccións de 1907. Volveu ser electo polo mesmo distrito de Sahagún nas eleccións de 1910 e 1914 polo Partido Conservador. Pese a non ser profesional da carreira diplomática, a súa amizade con rei Afonso XIII e o seu coñecemento de Francia fixérono acceder ao corpo diplomático, primeiro en 1914 como agregado na Embaixada de París ás órdenes do embaixador Fernando León Castillo, despois conselleiro ata a primavera de 1917, e en marzo de 1918, nomeado polo goberno de concentración nacional de Antonio Maura, como embaixador en París.[1] Tamén desenvolveu na Sociedade de Nacións un importante papel ao conseguir para España un lugar semi-permanente no Consello. Ademais, a súa amizade con Aristide Briand permitiulle conseguir de Francia pequenas vantaxes en asuntos do Protectorado Español de Marrocos e da cidade internacional de Tánxer.

Cando se proclamou a Segunda República Española abandonou o cargo para manterse adicto ao monarca destronado Afonso XIII, que se instalou inicialmente en París. Alí José Quiñones de León encabezou a pequena corte que rodeaba ao exrei. José María vivía no Hotel Meurice pero dispuña dun piso que se converteu no centro do movemento monárquico alfonsino que pretendía derribar a República e devolverle o trono a Afonso XIII. Quiñones visitaba con frecuencia no seu hotel ao líder monárquico José Calvo Sotelo, tamén exiliado en París.

Nos meses preliminares ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 interviu no flete do avión Dragon Rapide que foi buscar a Francisco Franco ás Illas Canarias. Foi declarado representante oficioso do Goberno de Burgos en Francia e involucrouse nos primeiros servizos de información no sur de Francia. Durante a guerra civil creou unha rede de espías e colaboradores que captou unha valiosa información para o bando rebelde. Desde a súa habitación do hotel Maurice se elaboraban os "Boletines Quiñones", unha publicación semanal que recollía información relevante para os servizos de intelixencia nacionais.

Morreu en París en 1957 e foi soterrado no cemiterio do Père-Lachaise.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia Nueva, 26-3-1918, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]