Saltar ao contido

José María García de la Villa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé María García de la Villa
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de agosto de 2014 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)

José María García de la Villa Merchán, nado en 1945 en Vigo e finado o 2 de agosto de 2014, foi un psiquiatra e arqueólogo afeccionado galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina pola Universidade de Salamanca, especializouse en Psiquiatría e Neuroloxía no Hospital psiquiátrico de Toén traballando cun dos eminentes psiquiatras galegos Manuel Cabaleiro Goás.

Como psiquiatra traballou en tres hospitais en Galicia, o xa mencionado de Toén, pero tamén en Conxo e no Rebullón, onde chegou a ser subdirector. Tamén dirixiu durante uns anos o Hospital Provincial de Pontevedra. Tamén foi presidente fundador da Asociación Galega de Saúde Mental.

Ao longo da súa traxectoria persoal e profesional, en Salamanca, Toén e no Baixo Miño foi apañando e catalogando restos arqueolóxicos, ata un conxunto de 594 pezas procedentes de xacementos paleolíticos e mesolíticos tan importantes como Cerro del Berrueco, Castro de Trelle ou o xacemento da Piteira. En 2017, tres anos despois do falecemento de García de la Villa, este tesouro foi atopado nuns colectores de cascallo e doados ao Museo Quiñones de León de Vigo.