Hospital do Rebullón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hospital psiquiátrico do Rebullón»)
Hospital do Rebullón
Vista do edificio principal coa recepción á dereita
Coordenadas42°12′13″N 8°39′46″O / 42.20361111, -8.66277778Coordenadas: 42°12′13″N 8°39′46″O / 42.20361111, -8.66277778
editar datos en Wikidata ]

O Hospital do Rebullón foi un centro psiquiátrico de titularidade pública. É o único dos centros do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo que non se atopa nesta cidade senón no lugar do Rebullón, pertencente á parroquia de Tameiga, no concello veciño de Mos.

Historia[editar | editar a fonte]

O 14 de xullo de 1929 celebrouse o acto de colocación da primeira pedra do edificio das colonias escolares de Vigo, unha colonia de verán para nenos pobres, baixo patrocinio da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, a iniciativa do concelleiro socialista e futuro alcalde Emilio Martínez Garrido. O edificio inaugurouse o 13 de xullo de 1930 e durou como colonia ata agosto de 1936, cando pasou a mans do exército. Despois o edificio foi utilizado polo Padroado Nacional Antituberculose.

Despois, a iniciativa da Deputación Provincial de Pontevedra, pasou a ser centro de internamento psiquiátrico. Na década de 1990, seguindo as disposicións da Ley General de Sanidad de 1986, o hospital integrouse no SERGAS. O 19 de xaneiro de 2016 cesou a súa actividade asistencial[1], que pasou ao Hospital Nicolás Peña. Mantivéronse os outros servizos que se atopan nas súas dependencias.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Os cambios na forma en que se trataba aos pacientes psiquiátricos e a creación de unidades de saúde mental nos hospitais do Meixoeiro e Xeral determinou que o edificio fose quedando case baleiro. Deste xeito as dependencias foron ocupadas por distintos servizos:

  • Edificio principal, adicado á hospitalización e tratamento de enfermos psiquiátricos.
  • Base de ambulancia do 061.
  • Dependencias e COGAMI (atención á discapacidade).
  • Arquivo xeral de historias clínicas do CHUVI.
  • Almacéns.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]