Vidal Souto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Manuel Vidal Souto»)
Vidal Souto
Nacemento6 de abril de 1948
Lugar de nacementoOurense
Falecemento25 de marzo de 2021
Lugar de falecementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Vidal Souto, nado en Ourense o 6 de abril de 1948 e finado na mesma cidade o 25 de marzo de 2021,[1][2] foi un pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De formación autodidacta. En 1970 pinta e fai escultura en pedra e fariña de millo. Marchou a Madrid onde compaxinou boxeo e pintura. Despois viaxou con frecuencia ao Brasil. En Pernambuco aproximouse á pintura testemuñal e no taller de Arte Moderna de Salvador de Baía experimentou coa xilografía. Pertenceu ao grupo Os Artistiñas de Ourense. Ten obra no Museo de Castrelos, Casa de Galicia de Madrid, Museo Municipal de Ourense. Fixo murais en Manaus (Brasil) e no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]