José Manuel Moledo Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 Boiro, España |
Morte | 16 de agosto de 1936 (30/31 anos) Beira, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico , político |
Lingua | Lingua castelá |
José Manuel Moledo Rodríguez, nado en Boiro en 1905 e finado o 16 de agosto de 1936, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Auxiliar de farmacia na Coruña, estaba casado con Fina Trapote. Militante do PCE, foi socio do Casino Republicano da Coruña e participou nalgúns mitins, como o do 14 de abril de 1934 no que interveu como representante do Socorro Rojo Internacional con Uxío Carré Naya, Víctor Casas e Gumersindo Montero. Mantiña na rebotica da farmacia da rúa de San Andrés parladoiros e intercambio de opinións. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Paseado en Hervés (Beira), foi soterrado como “descoñecido” nunha fosa común; a información oficial da policía coruñesa cítao como “fuxido”.