José Manuel Lorenzo Salgado
José Manuel Lorenzo Salgado | |
---|---|
Nacemento | 2 de agosto de 1950 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xurista e profesor universitario |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Manuel Lorenzo Salgado, nado en Vigo o 2 de agosto de 1950[1], é un xurista e catedrático galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Catedrático de Dereito Penal da Universidade de Santiago de Compostela, onde se titulou co Premio Extraordinario da Licenciatura e con Sobresaliente cum laude e Premio Extraordinario de Doutoramento. A súa tese foi dirixida por Agustín Fernández Albor.
Foi Director do Instituto de Criminoloxía da USC dende 1984 ata 1986, Director do Departamento de Dereito Público Especial entre 1986 e 1988, Decano da Facultade de Dereito (1988-1994) e Vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela (1994-1995).
Obras[editar | editar a fonte]
- Algunos aspectos de la relevancia de las drogas en el ordenamiento penal español. Santiago de Compostela: Universidade, Facultade de Dereito, 1977
- Las drogas en el ordenamiento penal español. Bosch, 1978
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Lorenzo Salgado, José Manuel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 341. ISBN 84-8064-113-4.