Saltar ao contido

José Manuel Álvarez Fernández (futbolista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Manuel Álvarez Fernández
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Granada, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  SD Compostela

José Manuel Álvarez Fernández, nado en Granada o 28 de marzo de 1967 é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Desenvolveu boa parte da súa carreira futbolística no Real Oviedo, co cal chegou a xogar en Primeira División. Tras catro tempadas na máxima categoría foi traspasado ao CD Lugo, onde fromou parte do equipo que logrou o ascenso a Segunda División na tempada 1991/92, descendendo ao ano seguinte. Disputou un total de 82 partidos co Lugo, marcando 15 goles. En 1993 foi traspasado á SD Compostela, equipo co que logrou o ascenso á Primeira División na súa primeira tempada. Xogou co club santiagués na máxima categoría e en 1995 fichou polo Mensajero, onde xogou un ano antes de pasar ao Langreo, onde puxo fin á súa carreira.