José Luis Vázquez Dodero
José Luis Vázquez Dodero | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 30 de xaneiro de 1908 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | 2 de febreiro de 2001 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, ensaísta e crítico literario |
Premios | Gran Cruz da Orde do Mérito Civil |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Luis Vázquez Dodero, nado en Ourense o 30 de xaneiro de 1908 e finado en Madrid o 2 de febreiro de 2001, foi un xornalista, escritor e crítico literario galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Ourense, aos nove anos trasladouse coa familia a Madrid. Fixo o bacharelato no colexio dos xesuítas de Chamartín. Doutorouse en Dereito e licenciouse en Ciencias Políticas. Dende mozo colaborou nos periódicos El Siglo Futuro e La Nación. Durante a Segunda República militou na Comuñón Tradicionalista[1] e escribiu na revista Acción Española, colaborando estreitamente con Eugenio Vegas Latapié. Discípulo e amigo de Ramiro de Maeztu, acolleuno na súa casa antes de ser apresado, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.
Despois da guerra traballou como crítico literario na revista Blanco y Negro e no periódico ABC. Foi xefe de colaboracións dese periódico e director da Editorial Prensa Española. En 1957 obtivo o Premio Luca de Tena polo seu artigo "El mito del progreso indefinido", publicado en ABC o 26 de outubro de 1956. [2] Analista de Menéndez Pelayo, dedicouse ao estudo da novela española contemporánea. De ideas conservadoras e monárquicas, pertenceu ao Consello Privado do Conde de Barcelona.
Obras[editar | editar a fonte]
- Tradicionalismo y fascismo. (Esbozo de un ensayo sobre sus analogías y diferencias) Madrid, 1934.
- El príncipe que forjó una República. Madrid, 1958 (con Ramiro de Maeztu e o marqués de Quintanar).
- Delapuente. Madrid, 1973.
- Lope y Góngora frente a frente. Arbor, Madrid, 1975.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Nacional de Literatura Emilia Pardo Bazán, 1964.
- Premio Nacional de Periodismo, 1978.
- Premio Nacional de Crítica Literaria.
- Premio Luca de Tena de periodismo polo artigo “El mito del progreso indefinido” (ABC, 26 de outubro de 1956).
- Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, 1977.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Perfil del día". El Siglo Futuro: 1. 15 de novembro de 1934.
- ↑ T.L.S. (4 de febreiro de 2001). "Ha muerto J. L. Vázquez Dodero". ABC (Madrid): 48.
- ↑ Ministerio de Asuntos Exteriores: "Real Decreto 5/1977 por el que se concede la Gran Cruz de la Orden del Mérito Civil a los señores que se relacionan" (PDF). Boletín Oficial del Estado: 208. núm. 5, de 5 de enero de 1977. ISSN 0212-033X.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Abc (20 de decembro de 1964). "Concesiones de los Premios Nacionales de Literatura". ABC: 103–104.
- Cruset, José (8 de agosto de 1968). "José Luis Vázquez Dodero: Una sólida formación al servicio de la crítica valorativa". La Vanguardia.
- T.L.S. (4 de febreiro de 2001). "Ha muerto J. L. Vázquez Dodero". ABC (Madrid): 48.