José Luis Pose Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Luis Pose
Información persoal
Nome José Luis Pose Blanco
Nacemento 28 de decembro de 1942 (81 anos)
Lugar de nacemento Carballo
Altura 1,71 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1964–1965 Pontevedra 1 (0)
1965–1966 Algeciras 29 (5)
1966–1967 Deportivo da Coruña 10 (2)
1967–1968 Atlético Ceuta 26 (7)
1968–1970 Murcia 39 (5)
Total 105 (19)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José Luis Pose Blanco, nado en Carballo o 28 de decembro de 1942, é un exfutbolista galego. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1964–65 xogou co Pontevedra CF en Segunda División, da man do adestrador Marcel Domingo, co que foi campión de liga e logrou o ascenso a Primeira División. Nesa campaña participou nun só encontro, nunha derrota fronte ao Burgos CF a domicilio (2–0), na segunda xornada. Os centrocampistas habituais nesa campaña foron José Vallejo, Constantino Rodríguez e Pablo Recalde.

Na tempada 1966–67 debutou en Primeira División co Deportivo da Coruña, xogando 10 partidos e anotando 2 goles. O seu debut produciuse na xornada 8, nunha derrota a domicilio fronte ao Granada CF (1–0), da man do adestrador Enrique Orizaola. O seu primeiro gol produciuse na xornada seguinte, nunha vitoria en Riazor fronte ao Real Zaragoza (4–1). Os centrocampistas habituais nesa campaña foron Manolete e Santos Bedoya, seguidos por Pose, José Manuel Goñi e Manuel Novo. Ese ano o equipo galego descendeu a Segunda División.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]