José Luis Ochoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ochoa
Información persoal
Nome José Luis Ochoa Álvarez
Nacemento 26 de xuño de 1965
Lugar de nacemento O Grove
Altura 1,77 m.
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1984–1986 Gran Peña
1984 Celta de Vigo 1 (0)
1986–1993 Compostela 141+ (1+)
1977–1978 Pontevedra 61 (5)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José Luis Ochoa Álvarez, nado no Grove o 26 de xuño de 1965, é un exfutbolista galego, que xogaba como centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Celta de Vigo e xogou no filial deste, o Gran Peña. En setembro de 1984 debutou na Segunda División fronte ao Cádiz, durante a folga de futbolistas que provocou que os clubs aliñasen a xogadores xuvenís.[1] Foi o seu único partido co Celta de Vigo. En 1986 fichou polo Compostela, co que xogou durante as seguintes sete tempadas, logrando ascender dende a Terceira ata a Segunda División. Disputou un total de 49 partidos co equipo santiagués na división de prata, todos eles con Fernando Castro Santos como adestrador. En 1993 deixou o Compos e fichou polo Pontevedra, co que xogou durante dúas campañas na Segunda División B.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ochoa: Debut gracias a la huelga". fameceleste.com (en castelán). Consultado o 21 de marzo de 2022. 
  2. "José Luis Ochoa y Rafael Ferrer son ya nuevos jugadores del Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 13 de agosto de 1993. p. 55. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]