José Luis Gerardo Ponce de León
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
(2018) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de maio de 1961 Buenos Aires, Arxentina |
| 5º Bishop of the Roman Catholic Diocese of Manzini (en) | |
| 29 de novembro de 2013 – ← Louis Ncamiso Ndlovu Diocese: Roman Catholic Diocese of Manzini (en) | |
| Administrador apostólico | |
| 29 de novembro de 2013 – 30 de abril de 2016 Diocese: Apostolic Vicariate of Ingwavuma (en) | |
| Vigairo apostólico | |
| 24 de novembro de 2008 – Diocese: Apostolic Vicariate of Ingwavuma (en) | |
| Bispo titular | |
| 24 de novembro de 2008 – Diocese: Maturba (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (2009–), sacerdote católico (1986–) |
| Orde relixiosa | Missionários da Consolata (pt) |
| Consagración | James Patrick Green |
- Para outros artigos sobre persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Ponce de León
José Luis Gerardo Ponce de León, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 8 de maio de 1961, é un eclesiástico católico latino e misioneiro da Consolata, dende 2013 bispo de Manzini (Eswatini).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O 9 de xaneiro de 1983 profesou como membro dos misioneiros da Consolata, e o 28 de decembro de 1985 fixo a profesión solemne. O 2 de agosto de 1986 foi ordenado sacerdote deste instituto.
O 24 de novembro de 2008 foi nomeado vigairo apostólico de Ingwavuma (Suráfrica) e bispo titular de Maturba. Recibiu a consagración episcopal o 18 de abril de 2009, de mans do arcebispo James Patrick Green, nuncio para Eswatini.
O 29 de novembro de 2013 foi nomeado bispo de Manzini, pasando asemade a ser administrador apostólico de Ingwavuma.