José Luis Campuzano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Luis Campuzano
Nome completoJosé Luis Campuzano Feito
Alias"Sherpa"
Data nacemento22 de novembro de 1950 (73 anos)
Nado enMadrid, España
OcupaciónMúsico, compositor
XéneroHard rock, Heavy metal
Instrumento(s)Voz, Baixo, contrabaixo, sintetizadores, guitarra acústica
Tipo de vozBarítono
Selo(s) discográfico(s)GMA, Movieplay, JAJA!, Maldito Records
Relacionado conMódulos
Coz
Barón Rojo
Tempo en activo1969 - Actualidade
PseudónimoSherpa
Na rede
Web oficial
IMDB: nm1950636 Facebook: sherpa.exbaronrojo Twitter: Sherpabaron Musicbrainz: 80835bf9-1f66-4ad7-9d22-77ff84c95dcd Songkick: 257504 Discogs: 660488 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

José Luis Campuzano Feito, máis coñecido como Sherpa, nado en Madrid o 22 de novembro de 1950, é un baixista, cantante e compositor español de rock, famoso por ser membro na década de 1980 do grupo de hard rock Barón Rojo, aínda que xa tocara noutros grupos nacionais, como os Módulos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Luis Campuzano Feito naceu en Madrid o 22 de novembro de 1950, no barrio de Ventas. Dende moi novo mostrou as súas inclinacións artísticas, cantando á precoz idade de 4 anos, cancións de Antonio Molina, Juanito Valderrama, Manolo el Malagueño e Pepe Marchena, entre outros, con talento suficiente. Aos 12 anos ingresou no "Instituto Virgen de la Paloma", onde estudou bacharelato laboral na rama metalúrxica con moi pouco beneficio e moito trauma.

Autodidacta da guitarra, aos 13 anos ingresa como cantante e guitarrista no grupo Top-Ten. Aos 17 ingresa na Telefónica e é destiando a Beasain, Guipúscoa. Forma outro grupo co mesmo nome que Top-Ten e actúa nos seus días de descanso cantando unha parte do repertorio en éuscaro.

Decidido a dedicarse profesionalmente á música, aos 19 anos deixou Telefónica. Realiza o servizo militar como voluntario na Forza Aérea de España, e cando se licencia emprende a súa carreira musical en solitario co nome de "Sherpa".

1970 e Barón Rojo[editar | editar a fonte]

Durante 1970 formou parte dalgúns grupos, como a orquesta Navarra, Los Cisnes, ou os Módulos, cos que gravaría un álbum homónimo publicado en 1979, aínda que anteriormente gravara varios singles en solitario, acompañado por un grupo chamado Fertil Grass.   Estas gravacións en solitario recompiláronse nalgúns LPs nos anos 70 (hoxe case inatopables), e finalmente nunha compilación de CD chamado Los primeros éxitos de un Barón Rojo / todas sus grabaciones para Discos GMA (1973-1977), editado en 1998 por Rama Lama Music, onde se poden apreciar diferentes influencias, tanto nas súas propias cancións coma noutras versións.

Estuda solfexo e contrabaixo no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde coñece aos irmáns Armando e Carlos de Castro, co que se formaría, xunto co batería uruguaio Hermes Calabria, un grupo nomeado provisionalmente Coz, mesmo nome do grupo Coz do que Carlos e Armando acaban de desentenderse. Así, por un breve período de tempo, había dúas bandas chamadas Coz.

Finalmente, este novo grupo acabaría chamandose Barón Rojo. Esta formación inicial de Barón Rojo (os irmáns De Castro, Sherpa e Hermes) sería a máis famosa e duraría ata que Sherpa e Hermes deixaron o grupo en 1990, produto dunha suma de factores, como a mala relación con Carlos e Armando, a decepción causada por unha diminución do impacto nos medios en España do "heavy metal" en xeral e Baron Rojo en particular, e o esgotamento por unha década chea de numerosas xiras.

Durante a súa estadía en Barón Rojo Sherpa foi o compositor principal, xunto coa súa parella Carolina Cortés, quen lle escribiu as letras, desta sociedade Campuzano-Cortés naceron como clásicos como "Barón Rojo", "Hijos de Caín", "Los rockeros van al infierno" ou "Concierto para ellos".

A súa carreira en solitario xa coñecera algúns traballos anteriores a Barón Rojo, banda da que marchou en 1990 e á que regresaría en 2004 co álbum "Guerrero en el desierto", e durante os [90] estivo implicado noutro tipo de proxectos musicais, como compositor para diferentes artistas, como El Fary ou Coyote Dax, así como en música infantil, e algúns traballos en directo con grupos de versións de rock and roll clásico, como Sargento Pepe e Los Hobbies.

Retorno post-Barón Rojo e últimos anos[editar | editar a fonte]

Despois de case 15 anos desde da súa saída de Barón Rojo, Sherpa regresou en 2004 co xa mencionado "Guerrero en el desierto", CD que se alternaba desde heavy clásico a outras variantes de rock duro máis actual, pasando por algunhas versións (como o famoso tema de The Animals), "House of the Rising Sun" e unha nova versión de "Dos mil años tristes", da súa etapa en Módulos, así como unha balada en inglés chamada "John", dedicada a John Lennon, que é a única canción do álbum coa colaboración de Carolina Cortés na letra, o resto escribíunas Sherpa.

En 2006, anúnciase un novo traballo, que sería un álbum en directo que contiña como bonus un CD extra con algúns temas novos de estudo.

Aos poucos o CD de estudio gañou o interese dos fans, moitos dos cales acabaron vendo o disco en directo como complemento do álbum de estudio. O número de novas cancións do CD incrementouse a oito (unha deles unha versión de estudo do tema "Campo de concentración", de Barón Rojo), e finalmente editouse cunha duración comparable a moitos LPs do xénero, é así que o que se proxectou como un álbum en directo acabou converténdose no lexítimo sucesor do "Guerrero en el desierto".

Este traballo publicouse en abril de 2007 co nome de El rock me mata, aínda que na segunda metade do 2006 asiantouse unha canción do álbum "Ajedrez mortal". O CD en directo gravouse durante un concerto na sala Copérnico de Madrid en 2006.

A mediados de 2013, logo de seis anos, Sherpa volveu cun álbum de estudio dobre titulado Transfusound, composto por un disco eléctrico con novas cancións e outro acústico con covers e versións.

Discografía[editar | editar a fonte]

Solo[editar | editar a fonte]

  • Hace largo tiempo... (1974) - compilación dos seus primeiros sinxelos, logo reeditada como Los primeros éxitos de un Barón Rojo
  • Guerrero en el desierto (2004)
  • El rock me mata (2007)
  • Transfusound (2013)

Con Módulos[editar | editar a fonte]

  • Módulos (1979)

Con Barón Rojo[editar | editar a fonte]

Participacións[editar | editar a fonte]

  • Hobbies, disco En directo desde Rock & Roll Café (1999)
  • Mägo de Oz, canción "Finisterra" (2000)
  • Mägo de Oz, canción "Dama negra" (2004) (versión en español de Lady in Black, de Uriah Heep)
  • Varios artistas, disco tributo a Ozzy Osbourne Tribute to a Madman, canción "Desire" (2004)
  • Viga, canción "Rock & Roll Festival" (2006)
  • Fran Soler, canción "Negras sombras" (2011)
  • Mägo de Oz, canción "Hasta que el cuerpo aguante", Finisterra Opera Rock (2015)
  • RODRIGUEZ 5340 - Un nuevo amanecer (2017)
  • Def Con Dos, canción "Resistiré" (2017)
  • Badana. Disco: Irvandal, canción :"entre la espada y la pared" (2018)

Membros da banda de Sherpa[editar | editar a fonte]

Formación actual[editar | editar a fonte]

  • "Sherpa" Campuzano, baixo e voz
  • Hermes Calabria, batería
  • Marcelo Calabria, guitarra
  • Sergio Rivas, guitarra

Antigos membros[editar | editar a fonte]

  • Fran Soler, guitarra[1]
  • Luis Cruz
  • Raúl Rodrigo
  • Juanjo Melero
  • Juan Carlos Recio
  • Jordi Longán
  • Oliver Martin

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Última hora: Fran Soler abandona la banda". Sherpaweb. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2013. Consultado o 27 de maio de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Datos adicionais tomados do libreto do CD Los primeros éxitos de un Barón Rojo, Rama Lama RM 50872, 1998

Outros artigos[editar | editar a fonte]