Uriah Heep é unha banda de rockbritánica xurdida a fins dos anos sesenta, pioneira do xénero heavy metal. Caracterizouse, entre outras cousas, polos seus constantes cambios de aliñación, na cal o único membro permanente é o guitarrista Mick Box.
Aínda que na actualidade seguen gozando de boa reputación, as súas grandes obras aparecen na década dos setenta, especificamente entre os anos 1970 e 1976.
Na actualidade está formado por Mick Box (guitarra e voz; desde 1969), Lee Kerslake (batería e voz; entre 1972 e 1979, e desde 1982), Trevor Bolder (baixo e voz; entre 1976 e 1981, e desde 1983), Bernie Shaw (voz; desde 1986) e Phil Lanzon (teclado e voz; desde 1986).