Coz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Coz
Coz logo.png
OrixeMadrid, España
Período1978-1987
MembrosJuan Márquez
Eduardo Pinilla
Tony de Juan
Cutu de la Puente
Juan Carlos
Armando de Castro
Carlos de Castro

Coz foi un grupo español de rock, formado en Madrid en 1978.

A primeira etapa do grupo foi un prólogo da formación de Barón Rojo, banda pioneira do heavy hispano. Foi un bo exemplo do difícil equilibrio existente entre a intencións máis puras dos grupos e os responsables de mercadotecnia do mundo discográfico.

Historia do grupo[editar | editar a fonte]

Coz formouse en Madrid en 1978, cos irmáns Armando e Carlos de Castro ás guitarras, Tony Urbano ao baixo e Paco á batería. En 1979 uniuse á banda Juan Márquez como vocalista, baixista e líder absoluto da formación.

Ficharon pola multinacional CBS, e en 1980 editouse o seu primeiro álbum, Más Sexy. En 1981, animados pola boa acollida do disco, tanto Juan Márquez como CBS decidiron dar unha orientación aínda máis comercial ao grupo, orixinando unha crise que culminou co abandono dos irmáns De Castro. Porén, o grupo reestruturouse con Eduardo Pinilla e Tony de Juan como guitarristas.

Con esta formación chegou o segundo álbum, que viu a luz en 1981. O tema que dá nome ó disco tivo moito éxito entre o público feminino: "Las chicas son Guerreras".

Posteriormente distanciáronse dos grupos aliñados en "el rollo", como Leño ou Cucharada, e abandonaron as actuacións en directo, sendo vans os seus tardíos intentos de recuperar o espírito das súas orixes co selo Chapa. Finalmente o grupo disolveuse en 1987.

Membros[editar | editar a fonte]

  • Juan Márquez: Vocalista e Baixo;
  • Eduardo Pinilla: Guitarra (desde 1981);
  • Tony de Juan: Guitarra (desde 1981);
  • Cutu de la Puente: Batería.
  • Juan Carlos (snoopy): Piano
  • Armando e Carlos de Castro: guitarras (1978-1981)

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Más Sexy (1980)
  • Las chicas son guerreras (1981)
  • Duro (1982)
  • Romper la red (1984)
  • Legitima defensa (1986)
  • Hasta que las muerte nos separe (recompilatorio, 1998)
  • Amigo mio (recompilatorio, 2006)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]