José Luis Bastos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Luis Bastos Carballo, nado en Bouzas en 1938, é un empresario galego nacionalizado namibio.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Despois de dedicarse a varios traballos en Galicia e no estranxeiro (Londres, gardacostas en Escocia, Francia, Alemaña...) accede a unha bolsa para estudar hostalaría en Suíza. Ao rematar os seus estudos incorpórase de director dun hotel nas Palmas.

En 1966 falécelle en accidente de circulación en Angola un irmán empresario que tiña negocios de pesca en Namibia e viaxa a ese país para liquidalos. Este proceso durou catro anos e ao remate, Bastos decidiu quedar en Namibia e emprender os seus propios negocios.

As súas dúas actividades principais son a industria pesqueira e a caza. No ámbito da pesca posúe unha frota de captura de pescada e a sociedade de investimento Corvima Fishing, dedicada á distribución en Europa dese peixe conxelado. Bastos beneficiouse da independencia namibia ao nacionalizarse dese país en 1990, e puido tamén acceder á compra dunha propiedade de 100.000 hectáreas, a maior do país, que é a base da empresa de caza Khomas Safaris. Ademais, é dono de firmas relacionadas co sector inmobiliario e dunha funeraria.

Labor social[editar | editar a fonte]

Bastos promoveu a Casa do Mariñeiro de Walvis Bay, que serve de centro social para os mariñeiros que faenan nesas costas. Ademais, é promotor e presidente da Bastos Foundation, unha ONG de desenvolvemento que traballado con proxectos de ecoturismo, creación de microempresas e construción de centros de saúde.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Encomenda da Cruz de Isabel A Católica (2001)

Curiosidades[editar | editar a fonte]