José Luis Antón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Luis Antón
Nacementoséculo XIX
 Ferrol
Falecemento15 de xaneiro de 2019
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e enxeñeiro
IrmánsEmilio Antón Miranda
editar datos en Wikidata ]

José Luis Antón Miranda, nado en Ferrol e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 2019, foi un enxeñeiro e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha importante familia ferrolá: seu pai Matías Cristóbal Antón[1], consignatario de buques, ocupou cargos importantes na sociedade ferrolá e presidiu a Cámara de Comercio local durante case catro décadas, antes e despois da Guerra. Tamén seu avó[2], Emilio Antón Iboleón fora alcalde de Ferrol en tres ocasións nas primeiras décadas do século XX, e o seu outro avó, Augusto Miranda Godoy fora militar e ministro da Mariña en cinco ocasións entre 1913 e 1919.

Foi oficial do Exército de Terra, e continuou, reincorporado á vida civil, o seu labor profesional como enxeñeiro. Viviu en Venezuela e nos Estados Unidos, onde traballou para a General Motors. Foi o autor dunha trintena de novelas[3].

Obra[editar | editar a fonte]

  • Campanas de muerte
  • Las noches de Gerardo
  • La ruta de Manila

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi o irmán do tamén militar e enxeñeiro Emilio Antón Miranda. Casou con Pipa Fernández en 1956 na catedral de Santiago, e tivo seis fillos[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. P, Redacción. "Falleció en Ferrol José Luís Antón Miranda". Galicia Ártabra Digital (en castelán). Consultado o 2019-01-16. 
  2. (Redacción). "Ferrolanos.-Emilio Antón Miranda, marino de guerra, ingeniero y directivo de empresas del INI". Galicia Ártabra Digital (en castelán). Consultado o 2019-01-16. 
  3. 3,0 3,1 Loureiro, R. (2019-01-15). "Fallece en Ferrol el escritor e ingeniero José Luis Antón Miranda". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-01-16.