Emilio Antón Miranda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Antón Miranda
Biografía
Nacemento1921 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de abril de 2016 Editar o valor em Wikidata (94/95 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJosé Luis Antón Editar o valor em Wikidata

Emilio Antón Miranda, nado en Ferrol o 16 de xuño de 1921 e finado en Madrid o 16 de abril de 2016, foi un militar, enxeñeiro e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha importante familia ferrolá: seu pai Matías Cristóbal Antón, consignatario de buques, ocupou cargos importantes na sociedade ferrolá e presidiu a Cámara de Comercio local durante case catro décadas, antes e despois da Guerra. Tamén seu avó[1], Emilio Antón Iboleón fora alcalde de Ferrol en tres ocasións nas primeiras décadas do século XX, e o seu outro avó, Augusto Miranda Godoy fora militar e ministro da Mariña en cinco ocasións entre 1913 e 1919.

Xusto ao remate da Guerra, en 1940, ingresou na Escola Naval Militar de San Fernando (San Fernando) e continou a carreira na Mariña a partir de 1943 na Escola Naval Militar de Marín. Nesa etapa de formación sufriu un accidente onde pereceron dous compañeiros del e el foi o único que se salvou[1]. Vinculado á formación militar, ascendeu a alférez de navío en 1944 e posteriormemnte a tenente de navío. Cursou enxeñaría de armas navais na Armada en Madrid, e ao rematala ascendeu primeiro a comandante, en 1954, e anos máis tarde a tenente coronel, en 1963.

En 1952 entrou ao servizo persoal como asistente do tamén ferrolán Juan Antonio Suanzes, daquela xeneral inspector de enxeñeiros navais, e que acababa de ser destituído como ministro de Industria e Comercio, pero que continuara co posto de director xeral do INI. Do posto de asistente pasou, como enxeñeiro, a traballar na petroquímica daquela coñecida como Empresa Nacional Calvo Sotelo, que acabaría sendo Repsol, e onde dirixiu a instalación da planta de Puertollano. Xubilouse precisamente na planta petroquímica de Puertollano logo de desempeñar distintos postos directivos ao longo de dúas décadas[1].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1947 con Carmen Suanzes (filla de Juan Antonio Suanzes) e tiveron dez fillos[1]. Un dos seus irmáns foi o escritor José Luis Antón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 (Redacción). "Ferrolanos.-Emilio Antón Miranda, marino de guerra, ingeniero y directivo de empresas del INI". Galicia Ártabra Digital (en castelán). Consultado o 2019-01-16.