José Fernández González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Fernández González
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1915 Editar o valor em Wikidata
Ferreiros, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de decembro de 1942 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesRizo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

José Fernández González, Rizo, nado en Ferreiros (Entrimo) o 15 de novembro de 1915 e finado en Ourense o 22 de decembro de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando en xaneiro de 1937 a súa quinta foi mobilizada, fuxiu para Ribeiro de Baixo, na freguesía de Castro Laboreiro, o 17 de xaneiro. O 21 de xaneiro de 1937 foi detido o seu pai Antonio Fernández como chantaxe para obrigalo a presentarse. Foi xulgado en Ourense por rebelión e declarado en rebeldía. Traballou de zapateiro en Portugal. Procesado en 1941, foi detido ao ano seguinte e xulgado en consello de guerra o 16 de novembro, acusado de rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi fusilado no Campo de Aragón (Ourense) o 22 de decembro de 1942.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alonso Santos, Román (2016). Saltando a raia. Guerrilla republicana no suroeste ourensán (1939-1943). Ponteareas: Novas do Eixo Atlántico. pp. 82–83, 86–88, 266. ISBN 978-84-608-9994-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]