Saltar ao contido

José Díaz Fuentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Díaz Fuentes
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1940 Editar o valor en Wikidata
Sarria, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de maio de 2010 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Saint-Germain-en-Laye, Francia Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Superior de Belas Artes de San Jordi de Barcelona (1964–)
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo (1958–)
Real Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
IrmánsAntonio Díaz Fuentes Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1064179 BUSC: diaz-fuentes-jose-1940-2010

José Díaz Fuentes, nado en Sarria o 6 de agosto de 1940 e finado en París o 30 de maio de 2010,[1][2] foi un escultor galego. Era irmán do avogado, escritor e político Antonio Díaz Fuentes.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Escultura en Callás (San Fiz de Reimóndez, Sarria).

Desde moi novo sentiuse atraído polas formas en pedra e madeira. O seu primeiro mestre foi un tallista da súa vila natal e aos 16 anos ingresa no obradoiro do escultor galego Cástor Atas Monteiro.

En 1958 ingresa na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, onde vive o ambiente universitario que o enriquece intelectualmente. Logo de facer o servizo militar en Málaga, en 1964 continúa a súa formación na Escola de Belas Artes de Sant Jordi de Barcelona e posteriormente na tamén Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. En Barcelona descobre a investigación da arte europea.

En xaneiro de 1970 instálase a vivir en París, onde goza da liberdade e apertura cultural que non había na España franquista. Nunha exposición nos xardíns do palacio de Luxemburgo coñeceu o escultor húngaro Ervin Patkai, do que aprendeu a traballar o formigón. É un dos fundadores na capital francesa do Círculo Cultural Galego.

A partir de se instalar en París desenvolve unha prolífica labor na que destacan a realización de esculturas monumentais tanto en Francia como en Galicia, exposicións itinerantes, expositor habitual nas salas de máis sona, acondicionamentos de espazos urbanos e actividades pedagóxicas, amais da creación de estatuas espalladas polo mundo enteiro.

A súa traxectoria foi recoñecida coa concesión en 1980 da medalla de bronce da Academia Europea de Belas Artes, e en 1999 da medalla de prata de Arte e Mérito do Senado de Francia. En 1981 recibiu unha bolsa do Ministerio de Cultura español.

  1. Ana Teruel (5 de xuño de 2010). "José Díaz Fuentes, escultor gallego que conquistó Francia". El País (en castelán). 
  2. "Muere en París el escultor gallego José Díaz Fuentes". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2013.