José Costa Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Costa Díaz
Nacemento1943
 Covelo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Costa Díaz, nado en 1943 en Covelo, é un empresario e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nomeado alcalde de Covelo en 1976. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de UCD á alcaldía de Covelo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións presentándose nas municipais de 1983 pola Coalición Popular, en 1987 por AP e a partir de 1991 polo PPdeG, sempre con maioría absoluta.

Foi deputado provincial durante tres lexislaturas. Como representante político, formou parte do consello de administración de Caixa Pontevedra e, posteriormente, de Caixanova.


Predecesor:
?
 Escudo de Covelo.svg
Alcalde de Covelo
 
1976 - 2014
Sucesor:
Pablo Castillo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]