José Cernadas Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Cernadas Pérez
Nacemento29 de xaneiro de 1880
 Santiago de Compostela
Falecemento28 de xuño de 1971
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Cernadas Pérez, nado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1880 e finado en Madrid o 28 de xuño de 1971, foi un tipógrafo e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A principios do século XX trasladouse a Madrid procedente de Ourense e ingresou na Agrupación Socialista de Madrid. Foi delegado dos tipógrafos de Ourense no X Congreso da UGT (1911). Foi presidente da Asociación General del Arte de Imprimir de Madrid (1919-1922) e da Federación Gráfica Española (1922). Vocal da Xunta Directiva da Fundación Cesáreo del Cerro en 1928. Representou á Agrupación Socialista de Ourense no XII Congreso del PSOE (1928). Foi xefe de talleres de El Liberal e Heraldo de Madrid. Presidente do Sindicato Provincial de Artes Gráficas da UGT de Madrid e membro da Delegación Provincial do Consello de Traballo. Próximo a Julián Besteiro. Foi vocal da Comisión Executiva de UGT (marzo de 1933 - xaneiro de 1934).

Detido ao finalizar a guerra civil, a súa causa foi sobresida e foi posto en liberdade aos vinte días. Volveu ser detido en marzo de 1941 acusado de ser cobrador do Comité Nacional do Socorro Vermello Internacional, sendo internado na prisión de Santa Engracia e posto en liberdade sen ser procesado. Ao se constituír a 2ª Comisión Executiva do PSOE no interior, Eduardo Villegas e José Castro propuxéronlle substituír a Claudina García Pérez como delegado da UGT no Comité da Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas. Como integrante do mesmo foi detido o 22 de outubro de 1945 e condenado en Consello de Guerra celebrado en agosto de 1947 a dous anos de cárcere.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]