José Castedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Castedo
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsinólogo
editar datos en Wikidata ]

José Castedo Carracedo, chamado Pepe Castedo, nado en Ferrol[1] e falecido probablemente en Madrid nos anos oitenta do século XX, foi un sinólogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante de partidos de esquerda, combateu na Guerra Civil Española no bando republicano. Apresado durante o conflito militar, logrou escapar e fuxir a Francia. En París inscribiuse como refuxiado político, presentándose co aval de Julio Just, deputado valenciano de Izquierda Republicana.

En 1964 viaxou a China co propósito de aprenderlles español ás novas xeracións do maoísmo. Comezou a traballar na escola anexa ao Instituto de Linguas Estranxeiras de Pequín, a actual Universidade de Estudos Estranxeiros de Pequín. En 1966 involucrouse na Revolución Cultural.

Dezaseis anos despois de chegar a Asia en 1980 saíu daquel país e foi a Málaga para vivir cunha filla que tiña. Ao ano seguinte recibiu a orde de Afonso X o Sabio polos seus méritos pedagóxicos, e quixo regresar a China, pero xa non llo permitiron[2]. Ao pouco rompeu relacións coa súa filla e trasladouse a Madrid, pero con grandes dificultades persoais e económicas suicidouse probablemente nesa cidade dun disparo.

Repercusión[editar | editar a fonte]

Aparece mencionado nas Memorias de un naufragio de Juan Morillo e en Las tertulias de San Li Tun, de Juan Andrade Heymann. Quizais fose o revisor da primeira tradución española do Libro Vermello de Mao[1].

Obra[editar | editar a fonte]

  • El último beso (1949), xunto co militante do PCE José del Campo Cayol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Flores para Pepe Castedo, artigo de Xulio Ríos para Praza Pública, 17/6/2013.
  2. Un gran amigo y un colega inolvidable, artigo de Wu Ruigen en China Hoy, xullo de 2004.