José Carlos Rodríguez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Carlos Rodríguez González
Nacemento14 de xuño de 1936
Lugar de nacementoOutes
Falecemento26 de febreiro de 2003
Lugar de falecementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

José Carlos Rodríguez González, nado en Outes o 14 de xuño de 1936 e finado en Ourense o 26 de febreiro de 2003,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato en Pontevedra e Ferrol. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Faise Graduado Social e establecese en Ourense en 1961. Foi fundador de Alianza Popular en Ourense e concelleiro e deputado provincial. Foi elixido parlamentario pola provincia de Ourense nas primeiras eleccións autonómicas por AP.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Raquel Laura Saavedra Fernández e foi pai de Francisco José Rodríguez Saavedra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-2-2003, p. 51.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]