José Canedo Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Canedo Santos
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Val do Dubra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Canedo Santos, nado en Val do Dubra en 1958, é un político galego, que foi líder en Galicia, primeiro de UPyD e logo de Cidadáns.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mudouse a Santiago de Compostela con 14 anos, ao montaren os pais un bar na capital galega. Comezou a traballar en Correos de Santiago de Compostela, aprobou as oposicións e foi destinado a Padrón, Madrid e de novo a Santiago. Posteriormente ingresou con praza na Caja Postal, entidade bancaria dependente de Correos, que logo pasou a chamarse Argentaria e foi finalmente integrada no BBVA. Alí prexubilouse e reincorporouse ao servizo de Correos como carteiro.

En 2008 afiliouse a UPyD e en 2011 encabezou as listas desa formación nas municipais no concello de Santiago de Compostela, onde non saíu elixido. En 2012 foi escollido no proceso de primarias da súa formación como candidato de UPyD á presidencia da Xunta de Galicia e encabezou a lista de UPyD ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012. En xuño de 2013 deixou a organización por discrepancias coa dirección[1] incorporándose posteriormente a Cidadáns, e tras a constitución en marzo de 2014 do seu referente en Galicia, Ciudadanos Galicia, é o seu voceiro [2]. Semanas despois abandonou a primeira fila, pero mantívose afiliado a Cidadáns.

Foi elixido cabeza de lista na Coruña para as eleccións Xerais do 26 de xuño en substitución de Antonio Rodríguez Vázquez por Cidadáns - Partido da Cidadanía[3].

Notas[editar | editar a fonte]