José Blanco Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Blanco Novo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1891 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte1971 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

José Blanco Novo, nado en Ferrol o 24 de outubro de 1891 e finado en 1971, foi un garda civil e o primeiro radioafeccionado de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Colexio Masquelet de Ferrol. Despois pasou á Academia de infantaría de Toledo, onde se iniciou na radio. Incorporouse como oficial ao Batallón de Cazadores de Segorbe nº 12 de Melilla en outubro de 1913. Ascendido a tenente, foi destinado ao Rexemento de Valencia en 1916, e ingresou no Corpo da Garda Civil o 3 de xullo de 1916 con destino na Comandancia da Coruña. Estivo ao do posto de Arzúa e en 1918 foi enviado ao posto de Carnota. Ao mando da liña de Ferrol interveu na folga de cargadores do peirao de 1921. Ao ano seguinte foi ascendido a capitán e destinado a Vilagarcía de Arousa. En xuño de 1924 asumiu o mando da Garda Civil de Santiago de Compostela. En abril de 1926, a Dirección Xeral de Comunicacións concedeulle autorización para o funcionamento da estación de radioafeccionado co indicativo EAR-28. E ese ano gañou a medalla de ouro da primeira edición do concurso de transmisión organizado pola Asociación EAR, xunto a Jenaro Ruiz de Arcaute. Foi ascendido a coronel en 1947 e despois a xeneral de brigada. Pasou a reserva en 1957.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Cruz de primeira clase da orde de Beneficencia (1920).
  • Gran Cruz do Mérito civil (1966).[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era curmán de Adelardo Novo Brocas. Casou en 1918 con María de los Dolores Martínez Laverón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Noche, 6-11-1957, p. 6.
  2. La Noche, 5-10-1966, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]