José Bernabé Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Bernabé Martínez
Nacemento31 de maio de 1901
 Murcia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

José Bernabé Martínez, nado en Murcia o 31 de maio de 1901,[1] foi un mestre e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre de Cervo dende 1934. Militante do PCE. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité de resistencia cedeirense, e ao poñerse enfermo o alcalde Manuel Fernández Freijeiro, tomou a dirección do concello, e co tenente alcalde José Vergara López proclamaron nun bando a declaración de Estado de Guerra.[2] Posiblemente fuxiu por mar. Foi xulgado en Ferrol por rebelión,[3] e declarado en rebeldía. Como consecuencia do expediente de depuración no maxisterio, foi separado do servizo e baixa no escalafón en 1940.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Magisterio Español, 21-10-1933, p. 9.
  2. ¡Jamás volvais a Cedeira!
  3. El Pueblo Gallego, 20-9-1936, p. 8.
  4. El Compostelano, 9-7-1940, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]