José Barbeito Rouco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1885 A Coruña, España |
Morte | 13 de outubro de 1946 (60/61 anos) A Habana, Cuba |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , político |
Lingua | Lingua castelá |
José Barbeito Rouco, nado na Coruña en 1885 e finado na Habana o 13 de outubro de 1946, foi un médico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou o Bacharelato no Instituto da Coruña e licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (1907). Estableceuse como médico na Coruña. Foi membro da Irmandade da Fala local. Na República afiliouse a Izquierda Republicana. En abril de 1936 foi elixido compromisario para a elección do presidente da República. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou fuxir a Cuba co seu fillo José Barbeito López. En Cuba foi membro da Agrupación de Izquierda Republicana da illa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Domingo Cuadriello, Jorge (2009). El exilio republicano español en Cuba. Madrid: Siglo XXI. pp. 372–373. ISBN 978-84-323-1387-5. Consultado o 16 de xaneiro de 2013.