José Búa
Aparencia
(Redirección desde «José Búa Laredo»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 Cambados, España |
Morte | 4 de decembro de 1936 (40/41 anos) Estribela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
José Búa Laredo, nado en Cambados cara a 1895 e finado en Estribela (Lourizán, Pontevedra) o 4 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De profesión albanel, era propietario dunha ferretería na Illa de Arousa e membro do PSOE, e presidente da agrupación local deste partido na Illa de Arousa. Foi o máximo responsábel da proclamación da República Federal da Illa de Arousa, o 7 de outubro de 1934. A pesar de ser detido por este feito, foi posto en liberdade poucos días despois. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado. Foi fusilado no lugar de Estribela, na parroquia pontevedresa de Lourizán.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Santiago Pena, Xabier. Asociación Cultural A Dorna, ed. "Dorna. Xuño 2006." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de decembro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Búa na páxina web Nomes e Voces.