Saltar ao contido

José Antonio Vázquez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Antonio Vázquez García
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de setembro de 2021 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Begonte
2007 – 2011 – José Ulla Rocha → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, enfermeiro Editar o valor en Wikidata

José Antonio Vázquez García, nado en Lugo en 1955 e finado o 10 de setembro de 2021,[1] foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era enfermeiro de profesión.[1] Concelleiro do PPdeG en Begonte ata 2007, nas municipais de 2007 encabezou a candidatura Independentes por Begonte (IBT), coa que foi elixido alcalde grazas a un pacto co PSdeG-PSOE e o BNG. En 2011 retirouse da candidatura independente, e regresou ás filas do PPdeG. Así integrouse na candidatura encabezada por José Ulla Rocha, e foi Isidro López quen encabezou a lista de Independentes por Begonte. Nas eleccións de 2011, saíu elixido concelleiro e ocupou a primeira tenza de alcaldía, que renovou tralos comicios de 2015 e 2019. Seguiu de concelleiro até o seu falecemento.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Arias, Cristina (11 de setembro de 2021). "Fallece a los 65 años el exregidor de Begonte José Antonio Vázquez García". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Pena Rábade
 
Alcalde de Begonte
 
2007 - 2011
Sucesor:
José Ulla Rocha