Xosé Antonio Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José Antonio Silva")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Antonio Silva
Nome completoJosé Antonio Silva do Porto
Nacemento1938
 Santiago de Compostela
Falecemento22 de maio de 1997
 Bertamiráns
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Sevilla
Ocupaciónxornalista e presentador de televisión
IrmánsJesús Silva Porto
PremiosPremio Ondas e Espejo de España Prize
editar datos en Wikidata ]

Xosé Antonio Silva do Porto, nado en Santiago de Compostela o 18 de maio de 1938 e finado en Bertamiráns (Ames) o 22 de maio de 1997, foi un piloto, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias Químicas nas Universidades de Santiago e Sevilla, obtivo o título de piloto de aviación en 1955. Dedicouse ao xornalismo e foi piloto comercial. Foi director de Avion Revue Internacional. Colaborou en La Noche, El Correo Gallego, RNE, TVE e TVG, onde dirixiu o programa Galegos. Recibiu o premio Espejo de España como coautor da biografía Mi vida con Ramón Franco (1981), a Medalla ao Mérito Civil e a Medalla ao Mérito Aeronáutico.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Mi vida con Ramón Franco, 1981.
  • Bomba a bordo, 1982.
  • Matar al presidente, 1983.
  • Mística y misterio de los OVNIS, 1987.
  • El Hereje, 1993.
  • V de Vázquez, 1994.
  • Compostela, guía para peregrinos perezosos, 1993.
  • Aeroguía del litoral de Galicia, 1996.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

  • Marusía, 1997.