José Antonio Martín Curty

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaJosé Antonio Martín Curty
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2692496

Jose A. Martin Curty nado en Vigo en 1952, é un arquitecto galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Titulación de arquitecto superior con especialidade en Urbanismo pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1977. Entre 1981 e 1983 cursos de doutoramento: Arquitectura española no século XX, A historia crítica da arquitectura en Madrid do século XX, Historia da construción XVIII e XIX, Historia da arquitectura hispánica e Historia da arquitectura contemporánea.

En 1988 presentou na Escola Técnica superior de Arquitectura de Madrid a tese de doutoramento Dibujando jardinería en los pazos de la región de Vigo, XVII, XIX y XX, coa que obtivo a cualificación cum laude.

Un resumo deste traballo de doutoramento sería a súa primeira publicación: "Los jardines cerrados" (C.O.A.G. 1988), e seguirían, en colaboración coa cidade de Vigo, "Castrelos: aproximación arquitectónica" (1989), "Pacewicz, Arquitecto Vigués" (1992) e en colaboración co Instituto de Estudios Vigueses, "Historia de la Alameda" (1994). Colaborou nas publicacións periódicas do C.O.A.G. "Boletín" e "Obradoiro", así como en varias revistas especializadas Zadas: "Mercado inmobiliario", "A.P.P.C." etc.

Participou en numerosos congresos: Recuperación da acrópole (Atenas, 1983), XXII Congreso Nacional de Arqueoloxía (1993), Uso-Didáctica do museo (1993/94), así como a presentación "La comisión de cultura en las escuelas de arquitectos ” dentro do Congreso Nacional de Facultades de Arquitectos, Santiago de Compostela (1992). Foi o terceiro director do Instituto de Estudos de Vigueses. Ten un grupo de música “LA Comisaría ”e canta na Praza da Estrela, nas noites de verán, diante do Mar, honrando o Vigo Ye-Yé.[1]

Obra bibliográfica[editar | editar a fonte]

  • Ciclo de conferencias "Centenario Pacewicz 1921-2021", (Vigo, outubro de 2020)
  • Vigo y la Segunda Guerra Mundial (II). La prensa de Vigo en la Segunda Guerra Mundial
  • Cines de Vigo[2]
  • Edificio Rubira (1880-1967)[3]
  • Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia : Instituto de Estudios Vigueses, 2000. ISBN 84-89599-17-3
  • Historia de la Alameda: (Vigo, 1828-1978)[4]
  • Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1994. ISBN 84-85665-24-4
  • Pacewicz, arquitecto vigués[5]
  • Castrelos: aproximación arquitectónica
  • Los Jardines cerrados: trazados de jardinería pacega en la comarca de Vigo : siglos XVIII, XIX y XX

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Canciones escritas por José Antonio Martín Curty
  2. A., Martín Curty, José (2004). Cines de Vigo. Instituto de Estudios Vigueses. OCLC 433373409. 
  3. A., Martín Curty, José (2000). Edificio Rubira : (1880-1967). OCLC 954668833. 
  4. Mosquera, Javier. "JOSE ANTONIO MARTIN CURTY, Arquitecto, autor del libro "Historia de la Alameda": "La Alameda fue durante muchos años el ágora de la ciudad"". Faro de Vigo. Consultado o 06-06-2022. 
  5. A., Martín Curty, José (D.L. 1992). Pacewicz, arquitecto vigués. Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia. OCLC 434776246. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Instituto de Estudios Vigueses (2011). "José Antonio Martín Curty". "GLAUCOPIS" BOLETÍN DO INSTITUTO DE ESTUDIOS VIGUESES Nº 16: 636.