José Antonio García López
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
José Antonio García López | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1971 |
Lugar de nacemento | Sarria |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Antonio García López, nado en Sarria o 13 de xuño de 1971, é un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1999 ocupou o número tres na lista de INGA (Independientes de Galicia) en Sarria e foi tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo. Nas municipais de 2003 encabezou a lista de INGA e converteuse en alcalde co apoio do Partido Popular e dunha tránsfuga do BNG. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia polo PPdeG nas eleccións autonómicas de 2009. En 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Sarria, obtendo a maioría absoluta e sendo elixido alcalde. Como consecuencia dimitiu como deputado do Parlamento de Galicia.
Predecesor: Claudio Garrido Martínez |
![]() Alcalde de Sarria 2003 - 2007 |
Sucesor: Claudio Garrido Martínez
|
Predecesor: Claudio Garrido Martínez |
![]() Alcalde de Sarria 2011 - 2015 |
Sucesor: Pilar López Yáñez
|