José Ángel Fernández Meis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Ángel Fernández Meis
AlcumeMeis
Nacemento31 de xullo de 1914
Lugar de nacementoO Grove
Falecemento14 de novembro de 1998
Lugar de falecementoSaint-Herblain
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Ángel Fernández Meis, coñecido como Meis, nado no Grove o 31 de xullo de 1914 e finado en Saint-Herblain (Loira Atlántico, Francia) o 14 de novembro de 1998, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro das Juventudes Comunistas e do PCE. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado na illa de Sálvora con outros compañeiros, pero foi detido. Para salvar a vida alistouse no exército rebelde e en setembro de 1937 intentou pasarse á zona republicana na fronte de Aragón. Foi detido e condenado a morte por deserción en Zaragoza en 1938. A pena foi conmutada por 30 anos de reclusión maior e despois por 12 anos e un día de reclusión menor. Pasou primeiro polo campo de prisioneiros da Academia Militar de San Gregorio (Zaragoza), logo a cadea de Zaragoza, do Dueso (Santoña) e o Batallón de Traballadores nº 121, en Aragón. Posteriormente pasou polas prisións de Burgos, Celanova e Ourense. En 1941 foi destinado a un batallón de traballadores no campo de internamento das minas de Fontao. Alí foi un dos responsables da reorganización do PCE, converténdose no secretario de organización da primeira dirección do partido na clandestinidade encabezada por Belarmino Álvarez Muñiz como secretario xeral.[1] Saíu en liberdade provisional o 18 de abril de 1944. Logo de obter a liberdade definitiva en 1946 marchou a Trintxerpe onde traballou de mariñeiro.[2] De alí marchou a Nantes, onde morreu.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Santidrián Arias, Víctor Manuel (2003). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Do Castro. p. 273. ISBN 978-84-8485-079-3. 
  2. Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]