John Maclean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
John Maclean

John Maclean, nado en 1879 e finado en 1923, foi un político escocés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Glasgow nunha familia orixinaria das Higlands. Maclean converteuse en mestre de escola e só entón acudiu á universidade, alí desenvolveu o seu pensamento político, na certeza que só a adopción do marxismo podía liberar ás masas traballadoras das súas condicións de vida. Integrouse na Federación Social Democrática (SDF) que máis tarde deu orixe ó Partido Socialista Británico, converténdose Maclean no seu líder en Escocia.

Opúxose á Primeira Guerra Mundial por considerala unha guerra imperialista que dividía ós traballadores. En 1915 as autoridades cesárono no seu posto de mestre e en 1916 pasou pola prisión durante un ano. Tras a revolución soviética Lenin deulle o posto de cónsul soviético en Glasgow. Cando en 1920 o PSB e outros grupos organizaron o Partido Comunista de Gran Bretaña, Maclean intentou organizar, sen éxito, un Partido Comunista Escocés.

En 1923 fundou o Partido Republicano dos Traballadores Escoceces de tendencia independentista e comunista que buscaba a implantación dunha república comunista de Escocia que herdaría a tradición do comunismo de clans celta.