John Logie Baird

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Logie Baird
John Logie Baird in 1917.jpg
Nacemento 13 de agosto de 1888
Lugar Helensburgh
Falecemento 14 de xuño de 1946
Lugar Bexhill
Causa Ictus
Nacionalidade Reino Unido
Alma máter Universidade de Glasgow e Universidade de Strathclyde
Ocupación inventor, enxeñeiro, físico, empresario e escritor de non ficción
editar datos en Wikidata ]
John Logie Baird e o seu televisor

John Logie Baird, nado en Helensburgh o 13 de agosto de 1888 e finado en Bexhill o 14 de xuño de 1946, foi un enxeñeiro escocés, un dos pioneiros da televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Baird nos primeiros intentos de desenvolver un sistema de televisión experimentou, mellorándoo, co disco de Nipkow, un disco que servía de mecanismo para proxectar a luz reflectida por un obxecto sobre unha serie de células de selenio que enviaban os impulsos eléctricos correspondentes a través dun cable. En febreiro de 1924 transmitiu imaxes estáticas de a través dun sistema mecánico de televisión analóxica. O 30 de outubro de 1925 transmitiu as primeiras imaxes en movemento, tamén foi el o que realizou a que se considera a primeira[1] demostración pública dun sistema real de televisión o 26 de xaneiro de 1926. Tamén foi un dos pioneiros da gravación videográfica[2][3]. En 1927 fundou a Baird Television Development Company coa que en 1928 fixo a primeira transmisión transatlántica de televisión, entre Londres e Nova York e fixo o primeiro programa de televisión para a BBC. En 1931 realizou a primeira transmisión en directo, o derbi de Epsom.

Dende 1929 BBC empregou o sistema de 240 liñas de varrido mecánico para a transmisión dos seus programas ata 1937 en que o substituíu por un electrónico. Durante os anos da Segunda Guerra Mundial traballou no desenvolvemento da televisión en cor, e o 16 de agosto de 1942 realizou a primeira demostración pública dun tubo electrónico en cor[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BBC History: Historic Figures
  2. The Museum of Broadcast Communications
  3. Vídeo realizado por Baird
  4. Albert Abramson, Christopher H. Sterling "The History of Television, 1942 to 2000", pp. 13-14