John Bartram
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de xuño de 1699 Marple Township |
| Morte | 22 de setembro de 1777 Filadelfia |
| Lugar de sepultura | Darby Friends Burial Ground (en) |
| Relixión | Sociedade Relixiosa dos Amigos |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Botánica, historia natural, cantaría e horticultura |
| Ocupación | botánico, canteiro, coleccionista de plantas, naturalista, horticultor, escritor, coleccionista científico |
| Membro de | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Abreviación dun autor en botánica | Bartram |
| Familia | |
| Cónxuxe | Mary Maris Ann Mendenhall |
| Fillos | Mary Bartram ( William Bartram ( John Bartram Júnior ( |
| Pais | William Bartram |
| Irmáns | William Bartram Júnior |
| Parentes | Thomas Say, neto |
| Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography American Medical Biographies (en) The Biographical Dictionary of America (en) |
John Bartram, nado en Darby, Pensilvania, en 1699 e finado en Kingsessing en 1777, foi un botánico norteamericano, considerado o pai da botánica norteamericana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia cuáquera, quedou orfo de nai aos dous anos e quedou ao coidado duns tíos, moi interesado nas plantas axudando nas tarefas agrícolas adquiriu moitos coñecementos sobre elas. En 1729 mercou uns terreos en Kingsessing, a carón do río Schuylkill, preto de Filadelfia e fundou o primeiro xardín botánico dos Estados Unidos. Viaxou por case todo o leste dos Estados Unidos na procura de novas plantas, dende o lago Ontario no norte ata Florida no sur e o río Ohio no oeste. Moitas das plantas que recolleu acabaron en coleccións europeas. Introduciu en América algunhas plantas europeas e fixo experimentos de hibridación. Con Benjamin Franklin foi un dos fundadores da Sociedade Filosófica Americana en 1742. Dende 1765 foi botánico real.