Johannes Schmidt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohannes Schmidt

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1843 Editar o valor em Wikidata
Prenzlau Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xullo de 1901 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Berlín Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaKaiser Wilhelm Memorial Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Universidade de Jena Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística, filoloxía, linguas indoeuropeas, lingüística comparada e Lingua sánscrita Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Bonn
Graz Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , profesor universitario , filólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Universidade de Graz
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoErnst Fraenkel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata


Johannes Friedrich Heinrich Schmidt, nado en Prenzlau (Brandeburgo) o 29 de xullo de 1843 e finado en Berlín o 4 de xullo de 1901, foi un lingüista alemán. Desenvolveu a chamada Wellentheorie (teoría das ondas) da evolución das linguas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Recibiu educación nas Universidades de Bonn e Jena onde estudou filoloxía (lingüística histórica) co gran indoeuropeísta August Schleicher e especializouse en indoeuropeo, especialmente en linguas eslavas. Obtivo un doutoramento en 1865 e traballou desde 1866 como profesor no gymnasium en Berlín.

En 1868 a Universidade de Bonn invitouno a tomar posesión como profesor de alemán e linguas eslavas. En Bonn publicou a obra Die Verwandtschaftsverhältnisse der indogermanischen Sprachen ('As relacións das linguas indoeuropeas', 1872), onde aparece presentada a súa Wellentheorie ('teoría das ondas'). Segundo esta, novos trazos dunha lingua espállanse desde un punto central en círculos concéntricos cada vez máis febles, de forma semellante ás ondas que se crean cando se bota unha pedra na auga. Isto pode levar a que linguas diferentes converxan. A teoría opúñase á doutrina da lei fonética introducida polos neogramáticos en 1870.

Desde 1873 a 1876 Schmidt foi profesor de filoloxía na Universidade de Graz en Austria. En 1876 volveu a Berlín, onde traballo como profesor na Universidade Humboldt.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Zur Geschichte des indogermanischen Vocalismus (1ª parte). Weimar, H. Böhlau (1871).
  • Die Verwandtschaftsverhältnisse der indogermanischen Sprachen. Weimar, H. Böhlau (1872).
  • Zur Geschichte des indogermanischen Vocalismus (2ª parte). Weimar, H. Böhlau (1875).
  • Die Pluralbildungen der indogermanischen Neutra. Weimar, H. Böhlau (1889).
  • Die Urheimat der Indogermanen und das europäische Zahlsystem, (1890).
  • Kritik der Sonantentheorie. Eine sprachwissenschaftliche Untersuchung. Weimar, H. Böhlau (1895).

Foi coeditor con Ernst Kuhn da Zeitschrift für vergleichende Sprachforschung (‘Revista para a investigación lingüística comparada’) desde 1875 ata 1901.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]