Teoría das ondas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diagrama tirado de: Johannes Schmidt, 1872. Die Verwandtschaftsverhältnisse der indogermanischen Sprachen. Weimar: H. Böhlau.

En lingüística histórica, o modelo das ondas ou teoría das ondas (alemán Wellentheorie) é un modelo de cambio lingüístico no que os trazos novos dunha lingua se espallan desde un punto central en círculos concéntricos cada vez máis febles, semellantes ás ondas que se crean cando se guinda unha pedra á auga. Isto pode levar a que linguas distintas converxan. Esta teoría dirixiuse directamente contra a doutrina das leis fonéticas e o estrito modelo da árbore introducido polos neogramáticos e está na base da fundación da moderna sociolingüística. Atribúese esta teoría a Johannes Schmidt e a Hugo Schuchardt.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]